A língua lusa, derivada do latim, se espalhou levada pela rota da colonização portuguesa no século XVI. Veja os principais locais destacados no mapa.

MAPA DA LÍNGUA
(volta)

MAPA DA LÍNGUA PORTUGUESA NO MUNDO
Siga a trilha de quem fala português.

 

Dois microrrelatos
Xavier Frías-Conde

Da propia menciña

O condutor da ambulancia recibiu a chamada. Era urxente a súa presenza na rúa Bolívar. Acudiu cos seus compañeiros habituais o sanitario e o médico. Había ducias de policías arredor. Estraño. Descendeu da ambulancia para axudar o sanitario coa padiola. O doente xa esperaba na porta. Tiña unha perna rota. Tanto escándalo para iso. Un par de policías o sostiñan. O condutor recoñeceu ao momento o doente. Unha volta que montaron na ambulancia, comezou o longo retorno ao hospital. Non prendeu sequera a sirena. Respectaba escrupulosamente os límites de velocidade e mais os semáforos en vermello. "Chegamos?", preguntaba aos poucos o doente. O condutor apenas mordía o labio inferior. O hospital parecía afastarse. Ao cabo o doente incorporouse na padiola e case que dá un couce ao médico co pé san:

- E logo, o que conduce vostede? -espetou ao condutor-, unha ambulancia ou un carro de bois?

O condutor xa non aturou máis. Freou en seco, virouse e largoulle ao doente nun ton dunha agresividade que se notaba que levaba moito tempo controlada:

- Mire, ministro, pola súa culpa, porque o señor tivo a xenialidade de inventar a licenza de condución por puntos, puxéronme unha multa a min, condutor de ambulancia, cando asistía a unha urxencia. E se non lle gusta, vaia a pé até o hospital.

Un sorriso cómplice debuxouse no rostro do médico e do sanitario. O ministro deixouse caer na padiola e comezou a choramicar como un meniño mentres dicía:

- É que me doe tanto...

 

Só se vive desperto

El acordou a tremer. Tivera o peor pesadelo da súa vida. Soñara que aboiaba entre cabichas, milleiros de cabichas, millóns de cabichas, aínda sen apagar, un mar de cabichas. E respiraba cabichas, afundía entre as cabichas, engulía cabichas... Non entendía por que aquel pesadelo que, amais, xa se repetira varias veces nas últimas semanas. Sinceramente, non entendía o porqué. Mais acordara tan nervioso que procurou acougo. Estricou a man, apañou un cigarro e prendeuno. E o fume chegoulle até o fondo. E despois, matou o cigarro e botou a cabicha ao chan, onde ela foi facer compaña a outras súas colegas que durmían o sono dos xustos.

 

. . . . . . . . . .

 

Xavier Frias-Conde (1965) é escritor em língua galega, embora tenha publicado também nalguma outra língua românica (português, espanhol). A sua obra poética é nomeadamente de literatura infantil (uns vinte títulos) e poesia para adultos (oito livros e muitas colaborações em revistas literárias). Dirige a colecção poética "Alcálima" com o Rafa Yáñez e o Luís Luna. É aliás tradutor literário. Mora em Madrid desde 1974, mas desde 2004 passa a metade do seu tempo em Praga. Além da escrita, é professor universitário e tradutor profissional.

 

. . . . . . . . . .

^ topo